martes, 22 de junio de 2010

DEBERES A PESAR DE QUE XA ESTAMOS DE VACACIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!

SE ME REENVIADES OS VOSOS TRABALLOS DO LIBRO QUE FIXEMOS, XUNTO TODO E FAGO UNHA COPIA PARA DÁRVOLA, POIS ALGÚNS PAPÁS PEDÍRONMO. TEN QUE SER ESTA SEMANA.

UN SAÚDO E BÓ VERÁN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

jueves, 17 de junio de 2010

CHEGOU O MOMENTO, PERO NON É UN ADEUS.


DESPOIS DE TANTO TEMPO DÁNDOLLE VOLTAS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS TOCA DESCANSAR. PERO, COMO DICÍA, NON É UN ADEUS......
.... MÁIS BEN, ATA PRONTO PORQUE SEGUIREMOS COA COMUNICACIÓN E EU CONTINUAREI (SE É POSIBLE) CON ESTE BLOG QUE COMECEI CON VÓS.



Wordle: BLOGNENOS


AVISO:

Esquecín comentarvos que podedes levar (mañá venres) os libros de lingua castelá e galega. Tamén os de especialidades que non teñades máis clase (plástica, música,...). Deixade as libretas para facer unhas anotacións.


Bo fin de semana e xa me contaredes que tal as obras de teatro.



miércoles, 16 de junio de 2010

XA QUEDA POUCO




E TEDES UN PÉ NO CEIP CURROS ENRÍQUEZ E OUTRO NO IES. DE ZALAETA.











MAÑÁ FACEMOS A VISITA OFICIAL: VEREMOS AS INSTALACIÓNS, FUTUROS PROFESORES E RESOLVEREMOS DÚBIDAS.

PODEDES IR VENDO A SÚA PÁXINA WEB: XA ESTÁN PUBLICADAS ALGUNHAS COUSAS QUE VOS PODEN INTERESAR E TAMÉN ÓS VOSOS PAIS.







http://centros.edu.xunta.es/iesramonmenendezpidal/





GUSTARÍAME ENGADIR NESTA ENTRADA AS VOSAS IMPRESIÓNS:..... ASÍ QUE A READACTAR!!!!!





Óskar García: A miña opinión sobre Zalaeta é que me gusta moito, e teño ganas de ir ao instituto porque, por un lado, non quero, porque as cousas cambian e algúns amigos que tiña, pérdoos; pero por outro lado, é unha nova etapa, e quero empezala polos estudios e a miña vida máis a diante. E esta é a miña opinión sobre o instituto Zalaeta.

Carlos García: Para min o instituto de Zalaeta está moi ben, as clases son un pouco pequenas pero o que máis me gustou foron ximnasios e a cafetería. Eu non vou a este instituto porque me gusta máis A Grande Obra porque ten moitas máis cousas mellores, como as clases, o comedor, os recreos... E esa é a miña opinión .

INÉS: No instituto Zalaeta vimos moitas cousas entre elas as aulas de Francés e Italiano que me gustaron moito, ainda que eran un tanto sinxelas. Espero pasar ao instituto para poder disfrutalo mais pero creo que me vou perder un pouco (bastante). A algúns profesores xa os coñecia de antes e algúns espero que me toquen para o ano que ven.

MARTA: No instituto Zalaeta vimos as aulas, as que máis me gustaron foron as de francés e italiano(ao igual que Inés) o que máis me gustou foi o ximnasio espero que o ano que ven pense que é igual de interesante e opase tan ben como hoxe.

Mario: A min persoalmente, gustoume moito pero estaba moi nervioso e non sei porque, os que deberían estar nerviosos serían eles con nosa chegada.
Ao final estivo moi ben porque ademais de que nos ensinaron o intituto , deixáronos xogar no ximnasio de musculatura e pasamolo moi ben porque estivemos facendo reviravoltas e outros estiveron xogando cunha pelota que había por alí.
Antes de todo eso , estivemos vendo as aulas de 1ª, 2ª de E.S.O. .Todos os nenos de 1º e 2º dicíannos hola! con moito agarimo
Ademais algúns como somos Miguel, Carlos , Marina e máis eu xa coñeciamos algún nenos de ali.Os profesor@s eran moi bos ( ou eso parecían ) ... bueno esta é a miña opinión sobre a visita.

Miguel:
Pareceume, persoalmente, unha visita bastante boa; porque ensináronnos as aulas nas que estaremos nos próximos anos, asignaturas e, incluso, profesoras/-es.
Primeiro fomos ás aulas de 1º, 2º , 3º, 4º e ás de Francés e Italiano. Nestas aulas Mario, Marina, Manu e máis eu xa coñecíamos a algúns nenos.

En definitiva; o pasamos moi ben e, ademais, déronnos unha pequena merenda.


MANU: Creo que esta saída foi especial porque nos ensinaron todo o centro e ademáis, preparáronnos para secundaria. Gustáronnos moito as instalaciónS, o ximnasio, a cafetrería, as aulas... en fin, todo en xeral.
Tamén nos dixeron que na hora de Educación Física, tiñan unha hora libre (ollo, que non todo o curso).
Gústame a cafetería porque ten boa comida, está limpa, etc...
O ximnasio é moi grande, a ademáis hai dous, ao igual que os patios, hai un exterior e outro cuberto.
Os do equipo de Zalaeta de Voleibol é un bo clube por que chegou gañou a copa de España, a que é interesante?
Tamén hai un grupo reducido de esgrima, aínda que pareza extraño.
En resumidas contas, é unha forma de aprender no que imos a estudar no futuro.

Hola Susana son Paula:Esta saída gustoume moito, unha saída ao noso futuro instituto;pois axudounos moito para saber o día a día que se leva,e para coñecer máis como son as clases e aos novos profesores; pois en Setembro van a ser os nosos profesores e os nosos compañeiros.Tamén sabemos todas as actividades que se realizan en él.

Hola Susana son Anxela:Susana a saída que fixemos hoxe estivo moi ben porque explicáronnos como iba a ser todo o ano que ven , tamén nos ensinaron onde estaban as aulas de primeiro , segundo , terceiro , e cuarto da ESO . Tamén as aulas de francés , italiano , ...

martes, 8 de junio de 2010

LA RADIO EN RUTA:

PROBA SUPERADA RAPACES!!!!!!!!!!!

TEMOS QUE DARVOS A NORABOA POLO BEN QUE SAIU O VOSO TRABALLO NA EMISIÓN DO PROGRAMA. "LA RADIO EN RUTA".

AO FINAL O TRABALLO DEU O SEU FROITO E, ESTE FROITO É POSIBLE QUE NUNS DÍAS APAREZA NO SEGUINTE ENLACE.

UN SAÚDO PARA TODOS OS SUPERCURRITOS, LEÓNS, COMPAÑEIROS DE 5º A E COMPAÑEIROS QUE ASISTIRON COMO PÚBLICO!!

POLO MOMENTO PODEDES ESCOITAR AS INTERVENCIÓNS QUE REALIZARON VARIOS CENTROS (IES) DA CIDADE:
http://radiocoruna.com/la-radio-en-ruta/gmx-niv29.htm

viernes, 4 de junio de 2010

VISITA ÁS FRAGAS DO EUME





























































OBXECTIVO CUMPLIDO.

DESPOIS DE TANTO TRABALLAR PARA REIVINDICAR QUE O POBO CORUÑÉS NON ESQUEZA A TORRE DE HÉRCULES...

.... ÉSTA GOZARÁ DUN NOVO TRAXE. SERÁ CASUALIDADE OU GRAZAS AO PROXECTO "VAGALUME DA TORRE" ACADAMOS REALMENTE O QUE QUERÍAMOS?


PODEDES COMPROBALO "CLICANDO" SOBRE A IMAXE

miércoles, 2 de junio de 2010

DE RUTA EN RUTA


Continuamos a camiñar:

Esta vez tocounos a visita ao Parque Natural das Fragas do Eume.
Xavier, o monitor, explicounos entre outras cousas a flora e fauna que forman este fermoso lugar.

Próximamente colgaremos as fotos realizadas polos alumnos.


http://www.eumeturismo.org/esp/fragas.html





VIAXE A CELNOVA

O xoves pasado asistimos, os nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria, ás II Xornadas de Convivencia dos Centros Curros Enríquez.




1º Asistimos ao Mosteiro de San Rosendo e á Casa dos Poetas.




2º Xantar campestre na área de descanso do Cristal




3º Ruta Currosiana.






















jueves, 20 de mayo de 2010

Cultura Celta


Aquí vos deixo un enlace dunha actividade interactiva sobre os castros. É moi interesante.


miércoles, 12 de mayo de 2010

13 KILÓMETROS EN IMAXES






HOXE REALIZAMOS A RUTA DENDE FURELOS ATA RIBADISO. ESTAS FOTOS REPRESENTAN ALGÚNS DOS FERMOSOS LUGARES POLOS QUE PASAMOS.











martes, 11 de mayo de 2010

CAMIÑO DE SANTIAGO

XA QUEDA MENOS PARA FACER UN TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO.



ÉSTE É O PERFIL DA ETAPA QUE REALIZAREMOS:














Para saber máis, podemos consultar a seguinte páxina:

http://www.caminosantiago.com/


http://camino.xacobeo.es/









PREGUNTOIRO DO CAMIÑO:

Cál é a orixe do camiño?
Cantos camiños existen?
En cantas etapas de divide o camiño francés?
Qué comunidades autónomos atravesa?
Cales son as sinais que debes seguir para non perderte?
Qué restos romanos imos a ver na nosa etapa?
Cál é o postre "típico" de melide?
Qué podemos ver no Museo de Melide?
Qué foi antigamente o albergue de Ribadiso?

jueves, 6 de mayo de 2010

UXÍO NOVONEYRA. LETRAS GALEGAS 2010





Temos aquí un pouco máis de información sobre Uxío. Trátase dun libro electrónico: ao pulsar sobre a imaxe abrirase unha nova xanela. Pulsades na dereita/ esquerda para pasar páxina.
Aviso para os impacientes: tarda en abrirse pero funciona.

viernes, 23 de abril de 2010

MÁIS ENERXÍAS.....

AQUÍ VOS DEIXO O TRABALLO QUE FIXO ÓSKAR SOBRE A ENERXÍA HIDRÁULICA.



Enlace a un blog moi persoal,

... tan persoal que lle chamaron UZ !!!!!!!!!!

É unha palabra extraña, descoñecida pero forma parte do noso vocabulario. Consultade o seu significado no "libro amarelo". :)


Visitadeo e o luns contareivos a quén pertence.

http://www.blogoteca.com/uzuzuz/

martes, 20 de abril de 2010

LETRAS GALEGAS




Aproxímase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este ano adícase a UXÍO NOVONEYRA.

Traballaremos na aula a súa obra e biografía, pero para poder adiantar algunhas ideas aquí vos deixo este enlace.



http://www.uxionovoneyra.com/

A enerxía Solar feito por Marina M.

Check out this SlideShare Presentation:

Traballo de Enerxía Eólica Miguel

Check out this SlideShare Presentation:

jueves, 15 de abril de 2010

23 DE ABRIL

POLO 23 DE ABRIL LIBROS

APROXÍMASE O 23 DE ABRIL; DÍA DO LIBRO.
SE QUEREDES COÑECER PORQUÉ SE CELEBRA ESTA DATA SÓ TEDES QUE IR DE AVENTURA A ESTA PÁXINA WEB:

CURTOMETRAXE DE PALMIRA E MARCIAL

XA QUE ESTAMOS CO CAMPO SEMÁNTICO DO CINEMA, AQUÍ VOS DEIXO UNHA CURTAMETRAXE DE PALMIRA E MARCIAL.

Ao premer sobre a imaxe, ábrese a xanela da páxina web de "Climantica" e na sección TV tedes o vídeo.

Espero que vos guste.

lunes, 12 de abril de 2010

Traballo Enerxía Marta

http://amelenadoleon.blogspot.com/

viernes, 9 de abril de 2010

XEOGRAFÍA DE EUROPA


Poñe este enlace para traballar con mapas interactivos sobre os diferentes paises que forman a Unión Europea.
Só tedes que "clicar" sobre o mapa.

PREGUNTAS ENERXÍA

Seguro que vos facedes moitas preguntas sobre o tema que estamos a estudiar: A Enerxía; non sei se tantas como as que responden neste documento que vos deixo pero seguro que vos é moi útil.

http://www.scribd.com/doc/29659176/111-preguntas-edicion2

CÓMIC DE PALMIRA e MARCIAL.

AS FICHAS QUE VOS ENVÍE DE DEBERES, TRATAN SOBRE ESTE CÓMIC.
AQUÍ VOS DEIXO UN ENLACE: TEDES QUE DESCARGALO NO VOSO ORDENADOR E, ESTÁ EN FORMATO PDF.

ESPERO QUE VOS GUSTE.


ENLACE: http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/comics/numero-1

miércoles, 7 de abril de 2010

AVISO

XA PODEDES RECOLLER O LIBRO "PEQUEÑA HISTORIA DE ESPAÑA". TRAÉDEO PARA O COLE.

martes, 6 de abril de 2010

AVISO

SE ME ENVIADES AO MEU CORREO OS TRABALLOS DE RECOMPILACIÓN DE NOTICIAS (de 1998) PODEMOS COLGALAS NO BLOG.

INFOGRAFÍA DAS ENERXÍAS RENOVABLES.

Antes de traballar con ela, debemos saber qué é unha infografía:

Unha infografía, nun xornal, é un deseño gráfico que consta de variedade de información tanto escrita como icónica e que para a súa realización necesita aplicacións informáticas.
Nos xornais dixitais, as infografías poden ser fixas ou con movemento.

A que agora ides a ver é unha inforgrafía con movemento realizada pola revista dixital Consumer.es EroskI.

FUENTES DE ENERGÍA RENOVABLE.

domingo, 4 de abril de 2010

INFORMACIÓN SOBRE AS ENERXÍAS.


Dende esta páxina web podedes descargar en pdf o "Cuaderno de enerxías Renovables". Tedes que pinchar sobre a imaxe e logo, unha vez estades na páxina, descargar o documento.
Ao final desta páxina aparece un"diccionarios de términos" que pode ser moi útil para comprender cada tipo de enerxía. Estes conceptos traballarémolos na aula.
Outro enlace interesante é o seguinte:

miércoles, 24 de marzo de 2010

RESULTADO DO PROXECTO VAGALUME DA TORRE

Presentación de fotos do voso traballo

martes, 23 de marzo de 2010

O SOL E A ENERXÍA

As Enerxías Renovables son aquelas que producen de forma contínua e son inagotables.





  • Na Orixe de todas elas está o

PORQUÉ?

1) A súa calor provoca na Terra as diferencias de presións que dan orixe a os ventos. E éstes son a fonte da Enerxía eólica.

2) O Sol ordena o ciclo da auga. Ésta é o recurso que emprega a Enerxía Hidráulica.

3) As plantas sérvense do sol para realizar a fotosíntese, vivir e medrar. Toda esa materia vexetal é a Biomasa.

4) Por último, o sol aproveitase directamente nas Enerxías Solares. Tanto na térmica como na fotovoltaica.

As Renovables so a clave dun modelo enerxético sostible que pode cubrir as nosas necesidades sen poñer en perigo o medio ambiente.

Quen me pode explicar o que é un Modelo Enerxético Sostible?

----------------------------------- A BUSCAR INFORMACIÓN --------------------------------

Espero a vosa resposta no apartado de comentarios!!!!!!!!!!!!

lunes, 22 de marzo de 2010

ORTOGRAFÍA


La ortografía de cada lengua es algo que teneis que dominar pero, en muchas ocasiones nos provoca quebraderos de cabeza porque dudamos....

" ¿se escribirá con B o con V?.
Esta palabra ¿se escribirá con H?".


Para poder elimiar esas dudas la tarea es fácil: practicar, leer, escribir, aprender,....


Aquí os dejo un enlace para practicar con la Ortografía de la Lengua Castellana.
1º. Pinchais sobre la imagen
2º. Al pinchar sobre cada letra os aparecerán una serie de ejercicios ( en otra ventana). Paciencia porque tarda en abrirse (esto lo indico para aquellos/-as impacientes....)
3º También hay un apartado de consulta de la R.A.E.


jueves, 18 de marzo de 2010

UNIDADE DIDÁCTICA A ENERXÍA.

Hoxe paseivos os primeiros apuntes da unidade didáctica de Coñecemento do medio.
Tedes que lelos para o vindeiro martes pois, o luns imos de excursión a Cecebre.

Aquí vos deixo un enlace con varios vídeos sobre os diferentes tipos de enerxía:

VÍDEO 1 VÍDEO 2 VIDEO 3


lunes, 15 de marzo de 2010

MANUEL RIVAS






XA QUE ESTADES A TRABALLAR TAN BEN, PODEDES IR BUSCANDO ( os que non o fixeron) INFORMACIÓN SOBRE MANUEL RIVAS.

O único requisito: que sexa redactado por vós e en galego.

ANTES DE SEMANA SANTA TEMOS QUE TER ,POLO MENOS, UN BORRADOR DO TRABALLO GRUPAL. ÁNIMO E A BUSCAR.




BOAS NOTICIAS!!!!!!!!!


Boas noticias!!!!!!!!!!!!


Xa revisei os trablallos de investigación sobre o voso ano de nacemento e, teño que decir que están XENIAL.


Agora teremos que poñelos en común na clase e seleccionar, de toda a información, os tres feitos máis importantes.


Bó traballo!!


jueves, 11 de marzo de 2010

Orrrrrrrrrrrrrrrrtografía.

AVISO:

Deixarei de publicar os vosos comentarios se non prestades unha mínima atención e revisión ao que escribides. Hai erros moi graves que creo que podedes correxir.
APLICADE O QUE APRENDEDES!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

1998: o voso ano.

Aquí vos deixo unha presentación de power point coas bases para elaborar o traballo.

Confío en que vai a sair xenial e así, poderemos colgalo neste blog. Por fin un traballo voso....

martes, 9 de marzo de 2010

Visitamos "La Voz de Galicia".

Mañá marcharemos a Sabón para ver cómo se elabora un xornal.

Neste espazo deberíades escribir as vosas impresións: o que vos pareceu, se vos gustou ou non, ...

A través de este enlace podedes facer unha "visita virtual"

viernes, 5 de marzo de 2010

O sistema nervioso

Varias páxinas para que durante esta semana "rara" practiquedes cos contidos do sistema nervioso.

http://www.omerique.net/polavide/rec_polavide0708/aplicaciones%20polavide%200708/proyecto%20JClic%200708/sn_cerebro/index.htm

lunes, 1 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

O día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora . Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade, co hombre, na sociedade....


- PROPOÑO ESTE RETO:
TÓDALAS CONMEMORACIÓNS TEÑEN UNHA EXPLICACIÓN, UN PORQUÉ...
RÉTOVOS A REALIZAR UNHA PEQUENA INVESTIGACIÓN NA CASA, EN LIBROS, EN INTERNET,... E PREPARAR UNHA BREVE EXPOSICIÓN PARA CONTAR ANTE OS VOSOS COMPAÑEIROS/-AS NA AULA.

A DATA DE REALIZACIÓN SERÁ O VINDEIRO LUNS 8 DE MARZO.




sábado, 27 de febrero de 2010

Máis humor

... para unha tarde de temporal, cicloxénesis,...




Un chiste relacionados cos ordenadores: Eses "seres" que reciben máis atención que os mestres, papás, amigos, familiares,....








Seres que aos profes ( e outros profesionais) tamén nos crean verdadeiros dilemas:





Mariña, non me digas...


Tes toda a razón pero, a pesar da foto ..., hai que tomar as cousas con humor. Grazas polo teu comentario. Xa me estaba preocupando que ninguén escribise nin unha soa palabra!

jueves, 25 de febrero de 2010

ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA COÑE

Tal e como vos dixen, deixo aquí unha serie de enlaces para que podades practicar antes do exame de coñecemento.





1. Páxina web sobre o esqueleto: na pantalla inicial podedes ir pinchando para recoñecer os diferentes ósos. Tamén hai unha sección de avaliación e outra de ampliación (onde podeder ver os ósos con máis detalle).





2. Dende esta outra podedes realizar as mesmas actividades pero para practicar cos músculos.

3. Máis actividades sobre músculos, tendóns e ligamentos. Hai unha parte de explicación, despois de identificación e finalmente un test de avaliación.

sábado, 20 de febrero de 2010

VERBOS:


Como los verbos nos están dando pequeños quebraderos de cabeza, he dicidido dejaros este enlace para poder practicar con actividades interactivas.
Ya sabeis: una aplicación para aplicarse...

viernes, 5 de febrero de 2010

REFLEXIONES SOBRE LA PAZ

Para que haya paz
(Versión de un texto de Lao-Tsé).

Para que haya paz en el mundo,
debe haber paz en las naciones.

Para que haya paz en las naciones,
debe haber paz en las ciudades.

Para que haya paz en las ciudades,
debe haber paz entre los vecinos.

Para que haya paz entre los vecinos,
debe haber paz en las casas.

Para que haya paz en las casas,

debe haber paz en los corazones.



.... y pregunto yo...

para que haya paz en los corazones,
debe haber paz.....



AÑADE TU OPINIÓN EN LOS COMENTARIOS.

He realizado esta entrada aprovechando el pasado día de la paz.
No creo que sea suficiente reflexionar sobre el significado de la paz un día al año. Por eso, voy a crear una nueva sección que se llamará "LA FRASE DE LA SEMANA". Iremos colgando (digo iremos porque vosotros tambián participareis) diferentes frases hechas, refranes, ... que nos hagan pensar un poco y expresar nuestra opinión.

Aquí os dejo la primera:

Aprender sin reflexionar es malgastar la energía. (Confucio. Filósofo Chino). ¿Qué creeis que quiere decir esta cita?.

Novidades do blog

Se vos fixades, engadín no noso blog unha nova etiqueta ou sección.

Trátase de "Enlaces Interesantes".

Nesta nova sección imos a facer o seguinte:

1º. Debedes engadir un comentario nesta mesma entrada onde expliquedes qué é para vós un enlace interesante. Qué cousas vos gustaría compartir cos vosos compañeriros/-as.

Canda fagades os comentarios, contareivos o segundo paso.

Ánimo.

jueves, 4 de febrero de 2010

Re-re-repaso.

Como tedes todo o finde para repasar coñecemento quero lembrarvos que na páxina do CPI Los Ángeles tedes actividades.

Dixestión: http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/la_digestion/index.htm

Respiración: http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/la_respiracion/index.htm

Circulación: http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/la_circulacion/index.htm

miércoles, 27 de enero de 2010

VÍDEOS APARELLO CIRCULATORIO.


Continuamos co estudio dos diferentes aparellos que forman o noso corpo.


CIRCULATORIO


Nesta ocasión non vos deixo o enlace directo aos vídeos. É un acceso a unha listaxe de "vídeos de ciencias para niños". Hai moitos e debedes buscar os que se titulen "Irrigación Sanguínea" e "el corazón".

martes, 26 de enero de 2010

Super saber.

Unha actividade divertida para repasar o aparello dixestivo...

http://www.supersaber.com/digestivo.htm


Para practicar na web que usamos normalmente, éste é o enlace:

http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/cmedio6/la_digestion/digestivo01.htm

Concurso Caixanova.

III Concurso Literario Escolar de Caixanova.

Aquí vos deixo as bases deste concurso. Existen dúas modalidades: narración ou poesía e só se poden presentar tres traballos por nivel, así que seremos os mestres os que fagamos unha primeira selección.

Podedes ir pensando ideas e comentámolo na clase.

http://www.obrasocialcaixanova.com/images/uploadarchivos/DipticoBases.pdf

Escribir e consursar.

Con esta nova entrada quero animarvos a escribir. Seguro que tedes un montón de ideas que podedes redactar e contar aos compañeiros/-as, amigos, familiares,....

Qué consursos se aproximan?

1) Mejor periodista infantil y juvenil de "La voz de Galicia"
2) Concurso literario de Caixanova.
3) Concurso de Contos Ilustrados.

Nas vindeiras entradas irei creando enlaces ás páxinas web onde podemos ir lendo as bases de cada concurso.

martes, 19 de enero de 2010

A RESPIRACIÓN

Deixovos aquí colgados os tres vídeos que comentamos sobre a "Respiración".

Respiración 1.

http://www.youtube.com/watch?v=d4TU3D2ADp0

Respiración 2 (continuación)

http://www.youtube.com/watch?v=a3hstIEDpx4

Respiración 3 (final)

http://www.youtube.com/watch?v=q7_1YMhKZ78

Espero que vos sexa útil!

viernes, 15 de enero de 2010




Unha das cousas que tedes de deberes para este finde é pensar en cómo podemos facer o deseño da nosa torre.












Cando Raúl nos preguntaba: Qué pasaría se desaparece a Torre de Hércules, todos fomos aportando ideas, pero....



... creo que esquecimos unha moi importante:


O escudo da nosa cidade!!!!!!!!!!!!!!!










Queredes participar?


Hoxe comentamos na clase estas primeiras entradas do blog e, tiñades dúbidas sobre cómo facer un comentario.

A forma máis sinxela é que creedes unha conta de correo en gmail (podedes acceder dende a páxina de google).


Despois, se vos fixades, baixo cada unha das entredas do blog aparece a opción de "Comentarios". Teríades que escribir no cuadro correspondente e no opción de "seleccionar un perfil" marcar cuenta de google.

O comentario non aparece directamente pois primeiro chegará ao meu correo. Se é axeitado subireino eu. Animádevos e o vindeiro luns comentámolo.




miércoles, 13 de enero de 2010

XA CHEGA O ENTROIDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Como xa nos queda pouco para o entroido, aqui vos deixo un enlace cun dos capítulos dos PITUFOS. Así podemos sacar ideas para o noso disfraz.
Fixádevos nos nomes de cada un para logo na aula repartir os pitufi-persoaxes. Temén podedes engadir comentarios baixo esta entrada.
Dende este outro enlace podedes ver a vestimenta de forma máis detallada.

http://www.mundopeke.com/web/pitufos/dibujos/pitufodibujos.htm


martes, 12 de enero de 2010

Coñecemento do medio:

Como estamos a estudiar o tema "A poboación de España" , dende o seguinte enlace poderedes repasar conceptos como: crecemento da poboación, densidade,....
É moi sinxelo e práctico. Ánimo e a repasar......


http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/c/03/animaciones/a_fc28_00.html

"Clicando" sobre o enlace, xa vos debería abrir directamente a páxina noutra ventá .

BENVID@S AO NOSO BLOG.


Por fin estamos en marcha!!!!!!!!!!

Creo que non é necesario que vos comente o porqué do título desta páxina.


Mediante este blog pretendo aportar información sobre todo aquelo que esté relacionado coas áreas de Linguas e Coñecemento pero tamén outros temas de interese como: concursos, traballos e todo o que se nos vaia ocurrindo.


Pero, vós tamén teredes que participar. ¿Cómo?
Realizando comentarios sobre as entradas, decidindo diferentes temas que sexan de interese común como por exemplo a música, de modo que iredes colgando pequenas cousiñas. Xa o comentaremos na clase.