jueves, 17 de junio de 2010

CHEGOU O MOMENTO, PERO NON É UN ADEUS.


DESPOIS DE TANTO TEMPO DÁNDOLLE VOLTAS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS TOCA DESCANSAR. PERO, COMO DICÍA, NON É UN ADEUS......
.... MÁIS BEN, ATA PRONTO PORQUE SEGUIREMOS COA COMUNICACIÓN E EU CONTINUAREI (SE É POSIBLE) CON ESTE BLOG QUE COMECEI CON VÓS.



Wordle: BLOGNENOS


AVISO:

Esquecín comentarvos que podedes levar (mañá venres) os libros de lingua castelá e galega. Tamén os de especialidades que non teñades máis clase (plástica, música,...). Deixade as libretas para facer unhas anotacións.


Bo fin de semana e xa me contaredes que tal as obras de teatro.



miércoles, 16 de junio de 2010

XA QUEDA POUCO




E TEDES UN PÉ NO CEIP CURROS ENRÍQUEZ E OUTRO NO IES. DE ZALAETA.











MAÑÁ FACEMOS A VISITA OFICIAL: VEREMOS AS INSTALACIÓNS, FUTUROS PROFESORES E RESOLVEREMOS DÚBIDAS.

PODEDES IR VENDO A SÚA PÁXINA WEB: XA ESTÁN PUBLICADAS ALGUNHAS COUSAS QUE VOS PODEN INTERESAR E TAMÉN ÓS VOSOS PAIS.







http://centros.edu.xunta.es/iesramonmenendezpidal/





GUSTARÍAME ENGADIR NESTA ENTRADA AS VOSAS IMPRESIÓNS:..... ASÍ QUE A READACTAR!!!!!





Óskar García: A miña opinión sobre Zalaeta é que me gusta moito, e teño ganas de ir ao instituto porque, por un lado, non quero, porque as cousas cambian e algúns amigos que tiña, pérdoos; pero por outro lado, é unha nova etapa, e quero empezala polos estudios e a miña vida máis a diante. E esta é a miña opinión sobre o instituto Zalaeta.

Carlos García: Para min o instituto de Zalaeta está moi ben, as clases son un pouco pequenas pero o que máis me gustou foron ximnasios e a cafetería. Eu non vou a este instituto porque me gusta máis A Grande Obra porque ten moitas máis cousas mellores, como as clases, o comedor, os recreos... E esa é a miña opinión .

INÉS: No instituto Zalaeta vimos moitas cousas entre elas as aulas de Francés e Italiano que me gustaron moito, ainda que eran un tanto sinxelas. Espero pasar ao instituto para poder disfrutalo mais pero creo que me vou perder un pouco (bastante). A algúns profesores xa os coñecia de antes e algúns espero que me toquen para o ano que ven.

MARTA: No instituto Zalaeta vimos as aulas, as que máis me gustaron foron as de francés e italiano(ao igual que Inés) o que máis me gustou foi o ximnasio espero que o ano que ven pense que é igual de interesante e opase tan ben como hoxe.

Mario: A min persoalmente, gustoume moito pero estaba moi nervioso e non sei porque, os que deberían estar nerviosos serían eles con nosa chegada.
Ao final estivo moi ben porque ademais de que nos ensinaron o intituto , deixáronos xogar no ximnasio de musculatura e pasamolo moi ben porque estivemos facendo reviravoltas e outros estiveron xogando cunha pelota que había por alí.
Antes de todo eso , estivemos vendo as aulas de 1ª, 2ª de E.S.O. .Todos os nenos de 1º e 2º dicíannos hola! con moito agarimo
Ademais algúns como somos Miguel, Carlos , Marina e máis eu xa coñeciamos algún nenos de ali.Os profesor@s eran moi bos ( ou eso parecían ) ... bueno esta é a miña opinión sobre a visita.

Miguel:
Pareceume, persoalmente, unha visita bastante boa; porque ensináronnos as aulas nas que estaremos nos próximos anos, asignaturas e, incluso, profesoras/-es.
Primeiro fomos ás aulas de 1º, 2º , 3º, 4º e ás de Francés e Italiano. Nestas aulas Mario, Marina, Manu e máis eu xa coñecíamos a algúns nenos.

En definitiva; o pasamos moi ben e, ademais, déronnos unha pequena merenda.


MANU: Creo que esta saída foi especial porque nos ensinaron todo o centro e ademáis, preparáronnos para secundaria. Gustáronnos moito as instalaciónS, o ximnasio, a cafetrería, as aulas... en fin, todo en xeral.
Tamén nos dixeron que na hora de Educación Física, tiñan unha hora libre (ollo, que non todo o curso).
Gústame a cafetería porque ten boa comida, está limpa, etc...
O ximnasio é moi grande, a ademáis hai dous, ao igual que os patios, hai un exterior e outro cuberto.
Os do equipo de Zalaeta de Voleibol é un bo clube por que chegou gañou a copa de España, a que é interesante?
Tamén hai un grupo reducido de esgrima, aínda que pareza extraño.
En resumidas contas, é unha forma de aprender no que imos a estudar no futuro.

Hola Susana son Paula:Esta saída gustoume moito, unha saída ao noso futuro instituto;pois axudounos moito para saber o día a día que se leva,e para coñecer máis como son as clases e aos novos profesores; pois en Setembro van a ser os nosos profesores e os nosos compañeiros.Tamén sabemos todas as actividades que se realizan en él.

Hola Susana son Anxela:Susana a saída que fixemos hoxe estivo moi ben porque explicáronnos como iba a ser todo o ano que ven , tamén nos ensinaron onde estaban as aulas de primeiro , segundo , terceiro , e cuarto da ESO . Tamén as aulas de francés , italiano , ...