viernes, 15 de enero de 2010




Unha das cousas que tedes de deberes para este finde é pensar en cómo podemos facer o deseño da nosa torre.












Cando Raúl nos preguntaba: Qué pasaría se desaparece a Torre de Hércules, todos fomos aportando ideas, pero....



... creo que esquecimos unha moi importante:


O escudo da nosa cidade!!!!!!!!!!!!!!!










Queredes participar?


Hoxe comentamos na clase estas primeiras entradas do blog e, tiñades dúbidas sobre cómo facer un comentario.

A forma máis sinxela é que creedes unha conta de correo en gmail (podedes acceder dende a páxina de google).


Despois, se vos fixades, baixo cada unha das entredas do blog aparece a opción de "Comentarios". Teríades que escribir no cuadro correspondente e no opción de "seleccionar un perfil" marcar cuenta de google.

O comentario non aparece directamente pois primeiro chegará ao meu correo. Se é axeitado subireino eu. Animádevos e o vindeiro luns comentámolo.




miércoles, 13 de enero de 2010

XA CHEGA O ENTROIDO!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Como xa nos queda pouco para o entroido, aqui vos deixo un enlace cun dos capítulos dos PITUFOS. Así podemos sacar ideas para o noso disfraz.
Fixádevos nos nomes de cada un para logo na aula repartir os pitufi-persoaxes. Temén podedes engadir comentarios baixo esta entrada.
Dende este outro enlace podedes ver a vestimenta de forma máis detallada.

http://www.mundopeke.com/web/pitufos/dibujos/pitufodibujos.htm


martes, 12 de enero de 2010

Coñecemento do medio:

Como estamos a estudiar o tema "A poboación de España" , dende o seguinte enlace poderedes repasar conceptos como: crecemento da poboación, densidade,....
É moi sinxelo e práctico. Ánimo e a repasar......


http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/c/03/animaciones/a_fc28_00.html

"Clicando" sobre o enlace, xa vos debería abrir directamente a páxina noutra ventá .

BENVID@S AO NOSO BLOG.


Por fin estamos en marcha!!!!!!!!!!

Creo que non é necesario que vos comente o porqué do título desta páxina.


Mediante este blog pretendo aportar información sobre todo aquelo que esté relacionado coas áreas de Linguas e Coñecemento pero tamén outros temas de interese como: concursos, traballos e todo o que se nos vaia ocurrindo.


Pero, vós tamén teredes que participar. ¿Cómo?
Realizando comentarios sobre as entradas, decidindo diferentes temas que sexan de interese común como por exemplo a música, de modo que iredes colgando pequenas cousiñas. Xa o comentaremos na clase.