martes, 23 de marzo de 2010

O SOL E A ENERXÍA

As Enerxías Renovables son aquelas que producen de forma contínua e son inagotables.





  • Na Orixe de todas elas está o

PORQUÉ?

1) A súa calor provoca na Terra as diferencias de presións que dan orixe a os ventos. E éstes son a fonte da Enerxía eólica.

2) O Sol ordena o ciclo da auga. Ésta é o recurso que emprega a Enerxía Hidráulica.

3) As plantas sérvense do sol para realizar a fotosíntese, vivir e medrar. Toda esa materia vexetal é a Biomasa.

4) Por último, o sol aproveitase directamente nas Enerxías Solares. Tanto na térmica como na fotovoltaica.

As Renovables so a clave dun modelo enerxético sostible que pode cubrir as nosas necesidades sen poñer en perigo o medio ambiente.

Quen me pode explicar o que é un Modelo Enerxético Sostible?

----------------------------------- A BUSCAR INFORMACIÓN --------------------------------

Espero a vosa resposta no apartado de comentarios!!!!!!!!!!!!

4 comentarios:

Marta dijo...

O modelo enerxético sostible, penso que é unha solución contra o cambio climático que consiste en obter enerxía respetando o medio ambente.

Unknown dijo...

O sol proporcionanos enerxia pero...de que maneira?

Miguel Díaz Coira dijo...

O modelo enerxético sostible é un modelo eficiente no consumo de recursos naturais e que non orixina contaminación. Ademais de non destruir os hábitats naturais nin afectar negativamente a biodiversidade (variedade de vida no medio ambiente).

Un saúdo, Miguel

Manuel dijo...

A enerxia sostenible ven do concepto "desenvolvemento sostible", isto é o crecemento económico capaz de satisfacer as necesidades actuais sen comprometer a capacidade de satisfacelas no futuro. Polo que respecta a enerxía, fundaméntase en tres principios:

-O fomento da utilización de fontes de enerxía remnovables que non impliquen a emisión de CO2.
-O incremento da eficiencia de utilización de enerxía. Calcúlase que por cada kilowatio-hora de electricidade ahorrado evítase a emisión dun kilo de CO2 nunha central termi9ca convencional.
-O reciclaxe de materiais, co que se evita a extracción e procesamento de materias primas, o que redunda nun ahorro enerxético apreciable